O roaming é o servizo que che permite utilizar o teu móbil fóra de España para facer chamadas e usar datos móbiles. Por mor da progresiva desaparición das redes 2G e 3G, é imprescindible que teñas activados na túa liña o roaming e as chamadas internacionais para poderes usar o móbil correctamente cando viaxes fóra do territorio nacional. Ademais debes activar tamén a opción de itinerancia de datos no móbil.
Se viaxas á Unión Europea e países asociados, o roaming está incluído na túa tarifa sen custo adicional. No entanto, o uso de datos está suxeito ás limitacions de uso de roaming no Espazo Económico Europeo.
Se viaxas fóra da Unión Europea e países asociados, tanto aschamadas coma os datos nestes países terán custo. Recomendámosche consultar o noso buscador de países para verificar os servizos dispoñibles (voz, SMS e datos) e mais as súas tarifas.
Se tes pensado viaxar ao Reino Unido proximamente, informámoste de que a partir do 22 de xuño de 2025 este destino xa non estará dentro dos países asociados, e xa que logo as chamadas e datos neste país terán custo. Antes de viaxar, verifica se tes o roaming e as chamadas internacionais activados con R e consulta no noso buscador de países os prezos para falar e navegar dende o teu destino.
Comproba que tes a itinerancia de datos activada.
o En Android, adoita estar en Axustes - Redes móbiles / Axustes - Máis…- Redes móbiles / Axustes - Máis opcións… - Redes móbiles.
o En iPhone: Axustes - Datos móbiles
Se prefires non usar o móbil no estranxeiro:
Podes desactivar o Roaming(coidado, con esta opción non poderás usar nin voz, nin datos).
Tamén tes a posibilidade de desactivar só os datos no teu móbil e conectarte cunha rede wifi no teu destino, dese xeito poderás facer e recibir chamadas. Lembra que, se estás fóra da Unión Europea, estas chamadas supoñen cargos adicionais.
Lembra que o uso de datos inclúe, por exemplo, o envío/recepción de WhatsApp, a consulta en redes sociais ou a procura en mapas, á parte da navegación por Internet, entre outros.
Aquí tes exemplos do que pode supor este uso:
• Revisar o teu muro de Facebook durante 1 minuto: 1 MB
• Compartir 3 fotos en Instagram: 1 MB
• Unha canción en Spotify: entre 2 e 9 MB
• WhatApp – 1 audio de 1 minuto: 6 MB
Se queres coñecer as tarifas de roaming en R preme aquí.
A UE fixa o prezo regulado do GB grosista e a posibilidade de estabelecer un límite de GB calculado en función do prezo por GB que teña a tarifa. O cálculo de máximo faise do seguinte xeito:
[Cota mensual Tarifa sen IVE / Prezo máximo GB (1,55 € dende xaneiro de 2024)] * 2
Por exemplo, se a túa tarifa é de 10 GB e o prezo sen IVE é de 7,44 € disporías de 9,6 GB.
[7,44/1,55]*2=9,6
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal