Primeira páxina da factura de Big PEME de R: resumo
Indicámosche a información que tes dispoñible na primeira páxina da factura de Big PEME de R.
- Número de factura, data e período facturado. Salvo excepcións, factúranse períodos de servizo desde o día 1 ao 30/31 do mes en curso.
- Datos persoais, entre eles os teus datos bancarios parcialmente ocultos para unha maior seguridade e dirección de facturación.
- Resumo dos teus servizos facturados:
- Nome do servizo: En noso caso servizo Big PEME.
- Cotas (€): Importe a pagar por todos os produtos contratados baixo o servizo Big PEME de R.
- Descontos (€): Total descontos aplicados sobre as cotas.
- Consumo (€): Total consumo realizado (chamadas) fose das tarifas planas ou bonos.
- Total, con e sen impostos (€): suma das cotas mensuais, descontos e consumo fóra de bono con impostos e sen impostos incluídos.
- Evolución do teu consumo: evolución do total pago durante os 6 últimos meses.
- Información do teu interese: información relevante acerca da facturación dos teus servizos.

Segunda páxina da factura de Big PEME de R: Desagregación de cotas e consumos
Se avanzamos na factura, na segunda páxina tes estes conceptos:
- Desglose cotas: Para cada produto contratado baixo o servizo Big PEME (fibra, postos, servizos de valor engadido), infórmase de: período facturado, número de teléfono asociado (postos) e cota.
- Descontos e promocións: Neste apartado inclúense as promocións e descontos aplicados na factura.
- Desglose de consumo: Detalle do consumo (chamadas realizadas) fóra de bono por cada liña ou posto con información do tipo de chamadas realizadas.

Páxinas seguintes da factura de Big PEME de R: detalle de consumo
Por último, isto é o que podes ver na factura:
- En caso de dispoñer de factura en formato detallado, o resto de páxinas facilitan a desagregación de chamadas de cada número de teléfono, clasificadas por xurisdición (nacionais, internacionais, móbiles, numeración especial) e incluíndo: data, número destino, operador destino, plan (dentro ou fóra do bono), hora de inicio, duración e importe. Para as chamadas dentro de bono, o importe reflectido en factura é 0.
